|
A Cova do Rei Cintolo leva dous anos pechada |
|
07 / 11 / 2008
> Actualidade
|
 As covas de Mondoñedo levan dous anos pechadas ó público. En novembro de 2006, o Concello de Mondoñedo recibiu un auto xudicial onde lle ordeaban suspender o programa de visitas guiadas que se estaba levando a cabo, esta medida era adoitada polo xulgado tras recibir unha solicitude da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE). A cancelación do programa de visitas guiadas causou malestar entre os mindonienses, que veían como se perdía unha importante fonte de ingresos para o municipio, que estaba favorecendo notablemente á hostalaría e ó comercio da zona. Tal foi a repercusión que se chegou a organizar unha multitudinaria manifestación para pedir a reapertura da cova. A FGE anunciou esta semana que están mantendo contactos coa Deputación de Lugo para buscar unha saída dialogada ó pleito que manteñen ambos polo acondicionamento da cova. Para rematar o pleito, a Deputación debe renunciar ás obras que pretendían realizar na cavidade para prepararla para as visitas turísticas. Dende o Concello din que a súa intención é de reabrir a cova.
|