El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
22766292 visitas
 
TDT en Mondoñedo
06 / 08 / 2006 > Reportaxes Compartir en Facebook Compartir en Twitter
TDTChega unha nova era para a historia da televisión no noso país, con máis de 20 canles gratuitos (nalgunha cidade ata 35), novos servicios interactivos e con calidade de imaxe e son semellante á dun DVD.
O 80% dos españois xa poden recibi-la nova TDT no seu fogar. O 20% restante, donde nos atopamos os mindonienses, teremos que agardar uns anos para poder disfrutar de tódolas canles que emiten no novo sistema dixital. Situación semellante á acontecida na implantación das cadeas privadas (por aquel entón esperamos cutro anos) a principios dos 90.

Padornelo Os decodificadores necesarios para recibi-las novas canles teñen un precio entre os 60€ (modelo básico) e os 400€ (con aplicacións interactivas, mhp, dobre sintonizador, disco duro,...). Agora ben, en lugares como Mondoñedo é un aparato un pouco inútil xa que soamente serve para ve-la canle dixital de Retegal (TVG), que xa ten cobertura en toda Galicia e que nuns meses ofrecerá as canles da Cope e La Voz de Galicia, así como a nova TVG2.

A canle de Retegal (TVG) emite en Mondoñedo de xeito bastante inestable. Cando hai sinal o nivel desta é bo, pero en ocasións córtase durante algúns segundos quedando as canles sin imaxe. Esta situación repítese dende polo menos o mes de outubro e todavía non está de todo solucionada.

En canto ás máis de 20 canles nacionais non nos queda outra que agardar uns anos para poder ve-las.
Por agora, as emisoras de TDT máis cercanas están no Páramo (Lugo) e Boal (Asturias), pero ningunha chega ó Val de Mondoñedo. No caso de que chegara a recepción sería complicada. En Boal, as canles de TVE emiten polo 64, o que utiliza Cuatro en Mondoñedo. Outro agravante da situación é a emisión da TVG en Cornería (Lourenzá) pola canle 65 xa que crearia problemas na recepción da canle 66 (Net TV, Veo TV, Teledeporte, Intereconomía TV).

O goberno debería empregar máis diñero para que a TDT chege a tódolos españois, por que ata agora os gastos en televisión dixital son casi nulos e nada teñen que ver co invertido por outros países de Europa.
A TDT comenzou no noso país en probas en 1998 e no ano 2000 con Quiero TV, prataforma que cerrou ós 2 anos, e agora se empregan as súas canles para difundi-la nova oferta digital. Polo tanto, a cobertura que ten na actualidade a TDT nacional é a acadada por Quiero TV no ano 2000, nin un metro máis. En Galicia a cobertura da TDT exténdese polas grandes cidades e os seus arredores. Case toda a provincia de Pontevedra ten TDT e na de A Coruña soamente falta A Costa da Morte. En Lugo e Ourense somos os peor parados xa que a cobertura limítase ás cidades e arredores.
Para máis información sobre a cobertura da TDT, a empresa Albertis Telecom (antes Retevisión) puxo a funcionar unha web onde se pode consultar a dispoñibilidade da TDT con introducir o código postal.
A páxina é www.tdt.es
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net