El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
28738303 visitas
 
La Xunta permite la construcción de la minicentral hidroeléctrica
22 / 11 / 2008 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
A FervenzaLa empresa Segel S.L. pagará el lunes las expropiaciones de los terrenos afectados por la construcción de la minicentral de "A Fervenza". Este hecho confirma la continuidad del proyecto.
La asociación ecologista ADEGA denuncia nuevamente los efectos negativos de la obra. Según los ecologistas, la construcción de la minicentral afectará a un área recreativa de interés social, y al hábitat de un entorno natural calificado como Rede Natura. Además, recuerdan que la Xunta permite la obra pese a ser rechazada por el Concello. Nota de prensa entrando en leer más.

 

A Xunta de Galicia permite a construcción da minicentral hidroeléctrica que afecta a área recreativa de “A Ferverza” pese a ser rexeitada polo Concello de Mondoñedo
A empresa “Segel S.L.” pagará o próximo luns as expropiacións de terreos

O próximo luns 24 de novembro terá lugar no Concello de Mondoñedo os pagamentos pola expropiación de terreos afectados pola construcción da Minicentral do Salto de Cabana, mediante un acto no que estará presente un representante da empresa promotora do proxecto, “Segel S.L.” (publicado no BOP nº 260 do 11-11-2008). As indemnizacións foron acordadas mediante resolución do Xurado de Expropiación de Galicia.

Para que estes terreos puidesen ser expropiados, a Xunta de Galicia con anterioridade tivo que declarar o proxecto de utilidade pública, e iso pese a ter a todo o pobo de Mondoñedo en contra, e de tratarse dun espazo protexido e catalogado como Rede Natura; Lugar de Interese Comunitario (LIC) pola importancia do seu hábitat. Proxectos coma este, fan que dende ADEGA nos preguntemos se a Xunta de Galicia está traballando verdadeiramente para o interese xeral dos galegos, ou máis ben responde a intereses particulares duns poucos.

O proxecto está xerando unha gran polémica entre os mindonienses, xa que as instalacións deste aproveitamento hidroeléctrico no río Tronceda, afectan gravemente á piscina fluvial do concello e ao seu entorno. Como se pode comprobar nas guías de turismo e nas páxinas web de Mondoñedo, esta área recreativa de “A Fervenza” está considerada como un dos principais atractivos turísticos de Mondoñedo, así como un lugar onde os mindonienses gozan do seu tempo de lecer.

Foron moitas as alegacións presentadas: por particulares, asociacións e o propio Concello de Mondoñedo. Todas elas opoñéndose á tramitación deste proxecto. A día de hoxe, cando pasou máis dun ano, Augas de Galicia non respondeu a ningunha desas alegacións, todo isto cando dende ADEGA temos coñecemento de que se emitiron diversos informes ao respecto dende a Consellería de Política Territorial e a Consellería de Medio Ambiente, todos eles resolvendo a favor de continuala tramitación do proxecto.

Chama poderosamente a atención que dende Augas de Galicia; organismo pertencente a Xunta de Galicia, se teña en tan pouca consideración ao Concello de Mondoñedo, xa que a pesares de ser o principal interesado neste procedemento, un ano despois non obtivo resposta as alegacións que presentou. En ADEGA consideramos este feito unha total falta de respecto que non so afecta a esta institución municipal, se non a todo o pobo.

No pasado mes de setembro ADEGA fixo chegar a Augas de Galicia a petición de revisión e caducidade da concesión do aproveitamento hidroeléctrico da Minicentral do Salto de Cabana, para a elaboración deste documento baseámonos nas diversas irregularidades que detectamos respecto a lexislación que lle é aplicable ao proxecto. Do mesmo xeito, démoslle entrada no Rexistro da Xunta de Galicia, a outro escrito no que comunicábamos ao Conselleiro de Medio Ambiente; o Sr. Manuel Vázquez, a existencia das irregularidades detectadas. Ata o momento, non obtivésemos resposta de ningunha das partes.

ADEGA – A Mariña

 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2019 Mondoñedo en www.mondonedo.net