|
Un mindoniense no campionato galego de Enduro |
|
26 / 11 / 2008 |
 Ó longo deste ano 2008 celebrouse unha nova edición do campionato galego de enduro. A pasada fin de semana púxose fin a unha competición que se foi celebrando en diferentes Concellos de Galicia. A edición deste ano contou coa participación do primeiro mindoniense na historia da competición. Félix Méndez Nogueira, de Valiño, quedou na 4ª posición da súa categoría. Tamén participaron no campionato outros veciños da nosa comarca: Antón Fernández Lorenzo (de O Valadouro) que quedou primeiro na súa categoría, Jose Luis Díaz Maseda (veciño de Alfoz) e o xefe de equipo Gustavo Menendez García (Motos Gustavo de Burela) que rematou terceiro na categoría de Veteranos. Podes ver fotografías do campionato galego de enduro 2008 entrando en ler máis.
|