|
Presentación do libro Príncipes de Bretaña, Estrelas de Compostela |
|
10 / 06 / 2009
> Cultura
|
 Este mércores, día 10 de xuño, tivo lugar a presentación do libro Príncipes de Bretaña, Estrelas de Compostela. Trátase do último traballo do escritor, xornalista e académico numerario da Real e Pontificia Academia de San Rosendo, Ramón Loureiro, autor de títulos como As galeras de Normandía. Príncipes de Bretaña, Estrelas de Compostela, é un conto tanto para nenos como para adultos, no que ás portas dun novo Ano Santo, Ramón Loureiro rende homenaxe ao mundo das peregrinacións, e no que Mondoñedo está presente como enclave especialmente significativo no Camiño do Norte. A presentación tivo lugar no Concello.
|