|
23 / 08 / 2006
> Actualidade
|
 Á rotura de papeleiras e alumeado público, engádeselle, dende a noite do 21 de agosto, o decorado dos bolardos instalados polo Concello para regular o tráfico no centro. Os vándalos empregaron pintura en sprai de cores chamativas para tinguir a maioría dos bolardos instalados na rúa Progreso e a totalidade dos de Afonso VII. Á polémica xerada entre os veciños a favor e en contra da instalación dos bolardos, úneselle, agora, unha nova pola protección do mobiliario urbano.
Fai uns tres meses, o Concello decidiu instalar os bolardos nas rúas do centro da cidade para regular o tráfico. Anteriormente, os conductores facían caso omiso da prohibición de estacionar, e isto dificultaba a circulación, á vez que impedía ós veciños, nalgunhas ocasións, acceder ó seu fogar. Os detractores desta medida, din que afecta negativamente ó comercio e que moita xente prefire ir ós establecementos que contan con estacionamento. Ademáis, opinan que cando remate o verán Mondoñedo parecerá un pobo pantasma. Os partidarios deste tipo de medidas afirman que o pequeno tamaño da cidade e a proximidade dos aparcamentos habilitados favorecen o desenrolo normal da vida cotiá, e polo tanto, esta medida non inflúe negativamente nin no comercio nin na hostalaría. Anteriormente, era difícil atopar lugar de estacionamento no centro, xa que os vehículos que ocupaban as rúas solían ser os dos propietarios dos locais, así como dos que traballan no centro, pero non dos clientes. |