|
Fotografías da procesión de Domingo de Corpus |
|
14 / 06 / 2009 |
 Como cada ano, moitos mindonienses acudiron ós actos que se celebran con motivo da festividade de Corpus. Ás 11:00h celebrouse a misa e media hora máis tarde a procesión que, debido ás chuvias, tivo que discurrir polo interior da Catedral. Unha vez deixou de chover, puideron subir a Virxe á Igrexa dos Remedios. Os nenos de Primeira Comunión acudiron, como é habitual, ós actos da festividade de Corpus. As fotografías do evento están dispoñibles na nosa galería.
|