|
Mondoņedo xa ten cobertura TDT dende o monte Padornelo |
|
17 / 06 / 2009
> Actualidade
|
 Dende hoxe, día 17 de xuño de 2009, amplíase a cobertura TDT do municipio de Mondoñedo. No mes de abril, tal e como avanzou esta web, Mondoñedo comenzou a dispoñer de cobertura parcial de TDT gracias ás antenas instaladas no monte Cornería (Lourenzá). Agora, coa instalación das canles dixitais no Padornelo, a cobertura medra notablemente en todo o municipio. Os habitantes do casco urbano e de boa parte das parroquias xa poden sintonizar as 25 canles gratuitas de televisión, as 13 de radio e os servizos interactivos que compoñen a oferta dixital. Para recibir as novas canles precísase un televisor con descodificador de TDT incorporado ou un descodificador externo que permita recibir os novos servizos nun televisor convencional. Os mindonienses (especialmente en comunidades de veciños) que precisen adaptar a antena para recibir a TDT terán de prazo ata o 3 de abril de 2010, data de cese das canles analóxicas.
|