El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
28160301 visitas
 
Programa completo das festas de As San Lucas 2009
04 / 10 / 2009 > Actualidade Compartir en Facebook Compartir en Twitter
As San LucasAs feiras e festas de As San Lucas 2009 comezarán o vindeiro venres 16 de outubro co pregón de D. Carlos García Reigosa. O primeiro día terá lugar a festa da terceira idade e, pola noite, as orquestras "París de Noia" e "Televisión" amenizarán a verbena. O sábado 17 actuarán as orquestras "Noche de Estrellas" e "Cinema". O domingo 18, día grande de As San Lucas, terá lugar a tradicional feira de gando e a actuación das orquestras "Fania" e "Olympus". O luns 19, "Panorama" e "Tekila" serán os grupos musicais encargados de amenizar a verbena.
Para rematar, o 20 de outubro, a orquestra "Abanico" porá o broche de ouro ás San Lucas no Día das Maulas. Ademáis, durante a fin de semana, terá lugar o II Concurso Canino "Concello de Mondoñedo", haberá concertos, actuacións folclóricas e moito máis.
O programa completo de As San Lucas 2009 está dispoñible entrando no enlace de ler máis.


IMPRIMIR (descargar PDF): Click aquí.



PROGRAMA AS SAN LUCAS 2009

VENRES, 16 DE OUTUBRO
13:00h Disparo de potentes bombas e volteo das campás maiores da S.I Catedral Basílica anunciando o comezo das Feiras e Festas “As San Lucas 2009“.
14:00h COMIDA-BAILE no Pavillón Municipal de Deportes para as persoas inscritas no FESTIVAL DA TERCEIRA IDADE. Sorteo sorpresa entre os asistentes e concursos de baile con premio para os ganadores. Amenizará a festa a Orquestra “Pasatempo”, de Mondoñedo.
19:30h Saída da carroza coa Raíña das Festas, as súas Damas de Honra, Sanluqueiro, Autoridades e membros da Comisión de Festas cara o Auditorio Municipal  Pascual Veiga acompañados polos Xigantes e Cabezudos e o Grupo de Gaitas “OS REICHOS“. Este ano e como homenaxe ao Concello de A Pastoriza, estarán presentes o Alcalde e membros da corporación do Concello de A Pastoriza.
20:00h No Auditorio Municipal Pascual Veiga, PREGÓN das Festas a cargo de Carlos García Reigosa, xornalista e escritor do Concello de A Pastoriza. De seguido e como remate, actuación do ORFEÓN DA SOCIEDADE DE OBREIROS DE MONDOÑEDO.
21:30h Lanzamento de potentes bombas que anunciarán a verbena na Alameda amenizada pola Orquestra da TELEVISIÓN e PARÍS DE NOIA.


SÁBADO, 17 DE OUTUBRO
10:30h Disparo de potentes bombas que dan comezo á xornada festiva.
11:30h No Campo de Os Paxariños concurso de ANDADURA GALEGA nas modalidades de SERRADA (dous tempos) e CHAPEADA(catro tempos).
Premios: 1º- 120€;  2º- 90€;  3º- 60€;  4º- 30€;  5º-30€; 6º-30€; 7º-30€ para cada modalidade.
12:30h Concerto lúdico-sensorial dirixido a todos os púbicos, e en especial a nenos e discapacitados intelectuais. Composto por músicos da Asociación AIMPNE (Asociación Interdisciplinar Músicosensorial para persoas con necesidades especiais). Auditorio Municipal Pascual Veiga.
14:00h Sesión Vermú a cargo da orquestra NOCHE DE ESTRELLAS.
17:30h No Campo dos Paxariños concurso de VALORACIÓN MORFOLÓXICA de cabalos e eguas de PURA RAZA GALEGA: “FINAL DA COPA GALICIA P.R.G.”
Premios: 1º- 120€;  2º- 80€;  3º- 60€;  4º- 30€;  5º-30€; 6º-30€ para cada modalidade. Son dúas modalidades: machos maiores de 3 anos e eguas maiores de 3anos.
18:30h No Campo dos Paxariños concurso de VALORACIÓN MORFOLÓXICA de cabalos e eguas CRUZADOS.
Premios: 1º- 120€;  2º- 100€;  3º- 60€;  4º- 40€ para cada modalidade. Son dúas modalidades: machos maiores de 3 anos e eguas maiores de 3 anos.
NOTA: Haberá un xuíz da Federación Hípica Galega e dous xuíces titulados de Pura Raza Galega.
19:30h Entrega de premios dos tres concursos no Campo de Os Paxariños.
19:00h Actuación das seguintes  agrupacións: Agrupación folclórica o “ARCO DA VELLA” de San Miguel de Reinante, Asociación Folclórico Cultural “A SUBELA” de Foz e Agrupación folclórica Mindoniense “PENA DO GOLPE”. Auditorio Municipal Pascual Veiga.
21:30h Actuación dos grupos BLACK DOG, RIFF-RAFF (Tributo AC/DC) e BROTHERS IN BAND (Tributo DIRE STRAITS) Praza da Catedral. Entrada libre.
21:30h Dará comezo a festa verbena amenizada polas Orquestras NOCHE DE ESTRELLAS e CINEMA.


DOMINGO, 18 DE OUTUBRO - DÍA DE AS SAN LUCAS, DÍA DE FERROL
10:00h - 13:30h Inicio do II CONCURSO NACIONAL CANINO,  Xuízos continuos durante toda a mañá  (válido para obter a puntuación do campionato provincial). Pavillón Municipal.
12:30h II CONCURSO NACIONAL CANINO. Cans de diferentes razas farán distintas exhibicións. Pavillón Municipal de Deportes.
Exhibición Agílity
Exhibición RCI (defensa e ataque)
Exhibición de Mondioring
10:30h Disparo de potentes bombas que dan comezo á xornada festiva.
11:00h Apertura do recinto feiral, no que ten lugar a FEIRA CABALAR tradicional acompañada do grupo de gaitas “OS REICHOS”
11:30h Recepción oficial no Concello á Corporación do Excmo. Concello de Ferrol.
11:30h Pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas “OS REICHOS”
12:00h Pasarrúas a cargo da Charanga Mindoniense “MANCA NA CHEDA”
13:30h ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE GANDO no Campo da Feira.
14:00h Sesión Vermú a cargo da orquestra FANIA BLANCO SHOW.
16:00h ata as 18:30h aprox. FINAIS e Entrega de TROFEOS do Concurso Canino. Pavillón Municipal de Deportes.
17:00h Pasarrúas a cargo da Charanga Mindoniense “MANCA NA CHEDA”
21:30h Dará comezo a festa verbena amenizada polas Orquestras FANIA BLANCO SHOW e OLYMPUS.


LUNS, 19 DE OUTUBRO
10:00h Disparo de potentes bombas que dan comezo á xornada festiva.
12:00h Pasarrúas a cargo da Charanga Mindoniense “MANCA NA CHEDA”
14:00h Sesión Vermú a cargo da orquestra TEKILA
16:00h Festa do neno/a, co parque infantil “DIVERNENO”. Instalaranse na Praza da Catedral os seguintes aparatos: A Granxa, A Pista Americana, O Tobogán Xigante, e para rematar, a festa da Espuma. No caso de choiva, trasladarase este evento ao Pavillón de Deportes Municipal.
17:00h Pasarrúas a cargo da Charanga Mindoniense “MANCA NA CHEDA”
20:00h Noite de Monólogos, coa actuación de CARLOS BLANCO no Auditorio Municipal.
21:30h Dará comezo a festa verbena amenizada polas Orquestras TEKILA e PANORAMA.


MARTES,20 DE OUTUBRO
10:30h Disparo de potentes bombas que dan comezo á xornada festiva.
14:00h Sesión Vermú  a cargo da Orquestra ABANICO.
22:00h Dará comezo a festa verbena amenizada pola Orquestra ABANICO.


ORGANIZAN: Concello de Mondoñedo e
Asociación Cultural As San Lucas
COLABORAN:   S.A. Xestión do Plan Xacobeo,
Consellería de Cultura e Turismo. Secretaría Xeral para o Turismo
Área de Cultura da Deputación  Provincial de Lugo
Consellería do Medio Rural
A Comisión de “ As San Lucas 2009 “, agradece a súa colaboración e deséxalles
¡ Felices Festas ¡

 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2019 Mondoñedo en www.mondonedo.net