O mapa interactivo de "Mindonienses no mundo" é unha iniciativa do Portal de Mondoñedo para localizar a emigración do noso municipio. O mapa preséntase como unha ferramenta para que esta web sirva de punto de encontro para os mindonienses que están fora. NOTA: Cada emigrante represéntase cun marcador azul. Facer click para ampliar información.
MAPA INTERACTIVO
AXÚDANOS A COMPLETAR O MAPA Para completar o mapa da emigración necesitamos a colaboración de todos aqueles usuarios que visitan a páxina dende fora de Mondoñedo. Se queres aparecer no mapa dos "Mindonienses no mundo" o único requisito é que nos mandes un correo electrónico ó enderezo
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
co teu nome e, a lo menos, o primeiro apelido, ademáis, a cidade e o país onde resides actualmente (o mapa tamén está destinado a mindonienses que viven noutros municipios de Galicia ou do resto de España). Adicionalmente, se o desexas, podes remitirnos outra información que queiras dar a coñecer ó resto dos usuarios, por exemplo, a túa foto, o enderezo do teu blog ou un enlace ó teu perfil nalgunha das redes sociais.
|