|
Avance da programaciķn do "Antroido 2010" en Mondoņedo |
|
06 / 02 / 2010 |
 O vindeiro 20 de febreiro, sábado de piñata, celebrarase unha nova edición do desfile-concurso de disfraces de Mondoñedo. Os participantes percorrerán as rúas de Mondoñedo, partindo ás 17:00h dende o Campo dos Paxariños con dirección á Praza da Catedral, para logo dirixirse á Praza do Concello, lugar onde terá lugar a entrega de premios amenizada por "Chingla e Salva". ¡¡Anímate a participar!! Ademáis, o vindeiro domingo día 14 de febreiro terá lugar o baile infantil de disfraces a partir das cinco da tarde no Casino de Mondoñedo. Neste mesmo lugar, celebrarase o luns 15 a partir das dúas da madrugada o "Baile de Antroido" amenizado polo "Trío Noroeste" e o sábado 20 ás 22:30h unha cea-baile amenizada por "Chingla e Salva". As entradas xa están á venda no "Rincón de Mondoñedo". As bases do concurso de comparsas, charangas e disfraces están no enlace de ler máis.
BASES DO CONCURSO DE COMPARSAS, CHARANGAS E DISFRACES
1. Tódolos participantes no Concurso deberán inscribirse no Campo dos Paxariños de 16.00 horas a 17.00 horas do Sábado, 20 de febreiro, onde se lles entregará un dorsal co número de participación correspondente. 2. As Comparsas e Charangas terán que gardar unha entidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación. 3. As Charangas e Comparsas terán como mínimo 15 participantes e farán unha escenificación. 4. Os participantes sairán do Campo dos Paxariños e percorrerán as Rúas da Cidade ata a Praza da Catedral e rematarán o desfile na Praza do Concello. 5. Considérase categoría infantil aqueles participantes menores de 12 anos de idade. No apartado de grupos infatil, a maioría dos seus compoñentes deberán de ser menores de 12 anos de idade. 6. O Xurado realizará o seu labor no decurso do desfile polas rúas da cidade. 7. Á hora de concedelos premios valoraránse aspectos coma Orixinalidade, Vestiario, Calidade musical, Capacidade de representación, etc. 8. As resolucións do Xurado son inapelables e se o considera oportuno, pode deixar algún premio deserto. 9. Os premios entregaranse ás 21.30 horas, na Praza do Concello.
PREMIOS CATEGORÍA ADULTO
COMPARSAS E CHARANGAS 1º 390 Euros - 2º 270 Euros - 3º 150 Euros GRUPOS DE MÁIS DE 10 1º 360 Euros - 2º 240 Euros - 3º 120 Euros GRUPOS DE 3 A 10 1º 180 Euros - 2º 120 Euros - 3º 90 Euros PARELLAS 1º 72 Euros - 2º 36 Euros - 3º 24 Euros INDIVIDUAIS 1º 30 Euros - 2º 18 Euros - 3º 12 Euros
PREMIOS CATEGORÍA INFANTIL
GRUPOS 1º 140 Euros - 2º 75 Euros - 3º 50 Euros PARELLAS 1º 40 Euros - 2º 30 Euros - 3º 20 Euros INDIVIDUAIS 1º 20 Euros - 2º 15 Euros - 3º 10 Euros |