|
A exposición 'Olladas no Camiño de Santiago' estará en Mondoñedo ata o vindeiro 29 de marzo |
|
05 / 03 / 2010 |
 Xacobeo 2010 presenta a mostra itinerante 'Olladas no Camiño de Santiago', unha exposición fotográfica que permanecerá no Centro de Desenvolvemento Comarcal de A Mariña Central da nosa cidade ata o 29 de marzo. Posteriormente, a exposición viaxará ata Bratislava (capital de Eslovaquia) para logo regresar de novo a Galicia, onde poderá contemplarse nas localidades de Sanxenxo, Ribadeo e Ferrol. A mostra recolle obras de Delmi Álvarez, Fernando Bellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xulio Villarino e Tino Viz. Esta exposición pódese visitar no horario habitual do Centro de Desenvolvemento Comarcal de A Mariña Central: 10:00h - 14:30h e 15:00h - 18:00h de luns a venres e 10:00h - 14:00h os sábados.
|