El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
22777071 visitas
 
Convocado o XI Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores
10 / 04 / 2010 > Cultura Compartir en Facebook Compartir en Twitter
O Concello de Mondoñedo, co afán de estimular a creación poética entre os xóvenes, convoca o XI premio de poesía Díaz Jácome. O concurso está patrocinado pola Deputación de Lugo.
Participa enviando as túas creacións ó Concello ata o día 1 de xullo de 2010 e poderás gañar ata 1500 Euros. Máis información e bases do concurso entrando en ler máis.


BASES XI PREMIO DE POESÍA DÍAZ JÁCOME
 
O Concello de Mondoñedo co patrocinio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, co afán de estimular a creación poética entre os mozos/as, convoca o XI Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores.
 

PRIMEIRA.
Poderán optar ó premio tódalas persoas, de idade non superior a trinta anos, calquera que sexa a súa nacionalidade.

SEGUNDA.
Os poemas serán orixinais e inéditos, escritos en galego, non premiados noutros concursos en data anterior ó fallo do Xurado. O incumprimento dalgunha destas condicións nas obras premiadas significaría a anulación das adxudicacións, procedendo o Xurado a formular de novo as propostas de adxudicación ou declarado deserto o premio.

TERCEIRA.
As composicións terán unha extensión máxima de 150 versos, o tema e o metro queda a elección do compositor.

CUARTA.
Deberán presentarse tres orixinais en tamaño DIN A4 mecanografados a dobre espazo.

QUINTA.
Os orixinais  non poderán ir asinados nin levarán inscrición algunha que puidera suxerir o nome do autor, sendo presentados cun lema e título.

En sobre aparte e cerrado, constará o lema e o título no exterior, e no interior o nome e apelidos do autor, domicilio, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é inédita, fotocopia do DNI polas dúas caras ou no seu defecto fotocopia do libro de familia na folla correspondente á persoa que se presenta a concurso e incluirase tamén unha breve nota biográfica do autor e o título do poema.

O Xurado poderá eliminar por defecto de forma as obras presentadas que non se axusten ó disposto nesta base.

SEXTA.
O prazo de admisión de orixinais remata o día 1 de xullo do ano 2010, considerándose incluídas neste prazo as obras que enviadas por correo ostenten o mataselos de orixe con esta ou anterior data.
 
As obras deberán enviarse ó seguinte enderezo:

Concello de Mondoñedo
Praza do Concello, 1
27740   Mondoñedo (Lugo)

Coa indicación:
XI Premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores.

SÉTIMA.
O Xurado que estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario, emitirá o seu fallo en setembro de 2010.

A decisión do Xurado darase a coñecer nos distintos medios de comunicación e a mesma será comunicada ós autores seleccionados mediante correo certificado.

A entrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo Concello de  Mondoñedo no mes de outubro.

No caso de que as obras presentadas non acadasen o nivel esixible a xuizo do Xurado para a obtención dos premios ou non tivesen a categoría suficiente, poderán declararse desertos.

OITAVA.
Este concurso consta de tres premios:
Primeiro premio: 1.500 Euros, Placa e Diploma.
Segundo premio: 600 Euros, Placa e Diploma.
Terceiro premio: 300 Euros, Placa e Diploma.
 
NOVENA.
Os orixinais que obteñan premio pasarán a integrar o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero de Mondoñedo, podendo ser editadas pola mesma ou polo Concello de Mondoñedo, sen necesidade do permiso do autor ou autores, aínda que sempre se terá en conta que nunca perderá os seus dereitos.
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net