Exposición “Elas Ensinan” no Centro Comarcal A Mariña Central |
05 / 05 / 2010
> Cultura
|
|
 O centro acolle esta mostra ata o vindeiro 14 de maio, e pódese visitar de 10:00 a 14:30 e de 15:00 a 18:00 de luns a venres, os sábados de 10:00 a 14:00. Esta exposición, organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, coa colaboración do Centro de Información á Muller do Concello de Mondoñedo, recolle as historias de vida de dezaoito mestras galegas que compartiron o interese pola educación das xeracións máis novas, as que serviron de modelo profesional e vital. Unha homenaxe ás educadoras e pedagogas que non se botaron atrás fronte ás dificultades sociais, económicas, xeográficas e históricas de Galicia entre finais do século XIX e o XX.
|