
O Presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participou na presentación de Elena Candia como candidata á Alcaldía.
Feijóo afirmou que “os principais problemas dun Goberno municipal
deben ser os problemas dos cidadáns; e non do propio Concello”. Ademáis, sinalou que o PP representa "a austeridade, a planificación, a xestión e o rigor, exactamente o contrario" do propiciado por "demasiados gobernos socialistas e nacionalistas".
Por outro lado, o presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, asegurou que unha victoria “por maioría absoluta” nas eleccións do próximo 22 de maio é a única posibilidade que hai “para acabar coa situación económica caótica na se atopa neste intre o municipio por obra e gracia do bipartito”.
Elena Candia, agradeceu o apoio recibido por parte do partido e especialmente do Presidente da Xunta. A candidata prometeu "buscar con rigor inversións, canalizar con éxito as preocupacións dos veciños e, sobretodo, traballar para que Mondoñedo avance, fixe poboación e se desenrole económicamente". As fotos do evento no seguinte enlace.