El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Hay 1 visitante en línea
Contador
22792093 visitas
 
El BNG de Mondoñedo acudió a la manifestación contra a Lei de Augas
23 / 03 / 2011 > Elecciones Municipales 2011 Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Miembros del BNG de Mondoñedo acudieron a la manifestación convocada el domingo 20 de marzo de 2011 por la Plataforma Galega contra a Lei de Augas, en Santiago de Compostela. Puedes ver el manifesto que leyeron y que apoyan íntegramente los miembros del BNG local entrando en leer más.

 

As organizacións asinantes deste manifesto CONSIDERAMOS que:

A auga é fundamental para as persoas, os animais e as plantas; é indispensable para a vida e para o sostemento do planeta polo que debe considerarse pública e universal, e debe cumprir antes de nada una función social de alimento e de hixiene. Neste sentido toda normativa sobre as augas deberá prohibir que se privatice, se saque beneficio ou se especule coa auga.
As organización asinantes asumimos a sustentabilidade e a racionalidade como principios nos que asentar a xestión deste recurso básico para a vida.
Os gobernos deben garantir o subministro e a calidade da auga para o consumo e o uso responsable a toda a poboación, con independencia de si viven no rural ou en áreas urbanas ou do grado de dispersión do asentamento. Tamén deben garantir os gobernos auga suficiente e de calidade para os animais e para a agricultura labrega como actividade de produción de alimentos para a poboación.
A Lei de Augas de Galicia, supón o apropiamento e a privatización de todas as augas de Galiza, fixando ademais prezo a auga, un canon que establece sobre toda a auga, a maiores do
prezo do subministro que determinan os concellos ou as entidades subministradoras e a maiores tamén do canón de vertido ou coeficiente de vertedura.
Ata o de agora pagamos polo subministro e a depuración, cando se nos prestan eses servizos. Con esta lei amais de pagar polo servizo, pagaremos polo ben, a auga pasa a ter un prezo.
Todas as augas sexan de subministro público ou dos veciños, da superficie ou do subsolo, nazan en finca pública ou privada, incluso a da chuvia e a do mar, de aproveitarse haberá que pagar un prezo.
A lei traspasa todas as competencias en materia de augas que ten Galiza a unha empresa:
Augas de Galicia que funciona segundo o dereito privado e é xuridicamente unha S.A., convertendo a esta empresa na “administración única e ordinaria da política de augas en Galicia,
dándolle todas as competencias que nesta materia lle corresponde á Administración da Comunidade Autónoma”.
Á vista dos plans de axustamento estrutural dirixidos polo FMI e o Banco Mundial, que se están a aplicar en cada vez máis lugares de Europa provocando unha histórica recesión dos
dereitos sociais adquiridos durante as últimas décadas, a Lei de Augas senta as bases para a transferencia futura do "capital auga" a calquera transnacional, coa máis que posíbel privatización de Augas de Galicia.
Limita a autonomía municipal, obrigando aos concellos a actuar ao servizo da empresa Augas de Galicia, coa obriga de cobrar o canon, sometendo a planificación urbanística a seu
ditame, supervisando a administración local nas competencias propias en materia de augas, quitando a potestade de dar permiso de obras cando as acometa a empresa Augas de Galicia.
A Directiva 2000/60/UE, di textualmente ao inicio:“A auga non é un ben comercial como os demais, se non un patrimonio que hai que protexer, defender e tratar como tal”, polo que a Lei de Augas de Galicia é contraria ao espírito desta Directiva ao nomear como administración única en materia de augas a unha empresa de dereito privado, que funciona segundo as leis do libre comercio. Amais esta Directiva comunitaria obriga a protexer as augas pero non a establecer un canon polo uso delas.
Asemade, Nacións Unidas aprobou o 28 de xullo de 2010 o proxecto de resolución A/64/L.63/Rev.1, na que “Declara o dereito á auga potábel e o saneamento como un dereito humano esencial para o pleno goce da vida e de todos os dereitos humanos”. Os dereitos humanos nin se compran nin se venden, e moito menos deben ser suxeito de negocios.

E PROPOÑEMOS:
1- A derrogación da Lei de Augas de Galicia.
2- Que todas as augas de Galicia sexan consideradas na lexislación un dereito fundamental para a vida das persoas, os animais e as plantas. Un ben universal, social, de propiedade común e de xestión pública e participativa,
3- Que os gobernos e as institucións asuman a súa responsabilidade como factor contaminante e como planificador e transmisor de hábitos de vida e consumo pouco respectuosos
co medio ambiente e que estabelezan medidas correctoras: á construción de grandes infraestruturas, á acumulación de poboación en cidades, aos asfaltados masivos de grandes áreas
urbanas, á promoción de industrias contaminantes, aos incentivos ao consumismo, á canalización de acuíferos, á contaminación por acumulación en encoros, ao non separar as augas pluviais, etc.
4- Priorizar e establecer a gratuidade para o uso da auga como alimento e aseo para as persoas, os animais e a produción de alimentos no marco da soberanía alimentaria
5- Impedir a construción de mais centrais hidroeléctricas e que as existentes revertan ao público no remate da súa concesión; impedindo tamén o transvase de auga a outras comunidades.
6- Prohibir por lei a privatización das augas, incluído o subministro e a depuración que deberán ser públicos e de xestión municipal, veciñal ou particular dependendo da propiedade das
instalacións.

En Santiago de Compostela, marzo de 2011

 

 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net