El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
22802735 visitas
 
Expertos axudan ó PP de Mondoñedo na profesionalización electoral
27 / 03 / 2011 > Elecciones Municipales 2011 Compartir en Facebook Compartir en Twitter
NNGGExpertos en estudos demoscópicos, estratexia e comunicación política participaron este sábado en Mondoñedo na mesa redonda “Estratexia de campaña en eleccións municipais”, organizada pola agrupación local de Novas Xeracións.
O obxetivo da charla, axudarlle ó Partido Popular local a asentar as bases para efectivizar e profesionalizar o traballo nas campañas electorais, relegando de malas prácticas e deseñando o camiño a seguir para obter os mellores resultados nos comicios do 22 de maio. 

No acto, celebrado na casa da xuventude, interviñeron o periodista e asesor do candidato á alcaldía lucense, Pablo Vázquez; o director de Analiza Técnicas de Investigación Social, Pablo López; e o profesor de Ciencias Políticas e Xornalismo, Miguel Anxo Bastos Boubeta.

O presidente provincial de Novas Xeracións, Daniel Vega, animou á formación “a tomar en serio a política, a ter os pés na terra e a traballar pola xuventude que é o futuro”. Vega resaltou “a necesidade de que a xuventude sexa de Novas Xeracións” “Cada día sumanos e multiplicamos, nunca restamos ou dividimos”.
Ademáis, recalcou o importante papel de enlace que supón NN.XX. Asegurou que  “somos o fío que úne xuventude e política. Canalizamos ao partido as necesidades dos novos, loitamos polo cumprimento das súas demandas actuais e por garantizarlles o benestar futuro”.

Por outro lado, a alcaldable mindoniense, Elena Candia, resaltou a importancia da constitución da xunta local de Novas Xeracións. En referencia á agrupación, asegurou que “se paga un prezo por non ser libre pero a implicación goza de maior valor”. Ademáis, precisou que NN.XX axuda a constituír unha “estrutura de partido firme e cando a estrutura é forte o partido recupera goberno”. 
En referencia ó acto, a candidata local lembrou a anterior campaña como “sucia e desagradable”, así as ponencias “enlazan coa nosa liña de traballo, cunha política respetuosa e coherente”.

Jornadas NNGG

Jornadas NNGG

Jornadas NNGG

Jornadas NNGG
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net