O alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, acompañado do concelleiro de Cultura, Alberto García, presentaron esta mañá xunto á presidenta da asociación Gaitaescola, Teresa Lodos, e do seu vicepresidente, César Picoaga, o concerto do grupo galego Treixedura e que terá lugar o vindeiro sábado 10 de setembro ás 22:30 horas, na Praza da Catedral. Este concerto englóbase no marco das festas patronais da Virxe dos Remedios, e coincidindo co X aniversario dos Cantos de Taberna.

O concerto é un dos pratos fortes da fin de semana festiva que se agarda na cidade episcopal, onde se celebran as festas na honra da Virxe dos Remedios, patroa non só do municipio senón de toda a Diocese.
Sen embargo, non so o concerto destacará neste día. Ás 20 horas haberá una xuntanza dos grupos participantes nos Cantos de Taberna e despois do concerto os asistentes poderán desfrutar da foliada aberta.