El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Hay 4 visitantes en línea
Contador
21180063 visitas
 
El PP es el único capaz de investir al futuro Alcalde sin necesidad de pactos
27 / 05 / 2011 > Elecciones Municipales 2011 Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Elena CandiaNOTA DE PRENSA
O PP foi a forza que maior apoio veciñal obtivo o pasado domingo o que lles permitiría gobernar en minoría pero, ademais, quedou a escasos votos de obter a maioría absoluta.
· Os populares non terían problema en dar cabida a PSOE e BNG na Comisión de Goberno local.
· O PP lembra aos socialistas que, indo da man do BNG, o único que fan é baixar en votos: O PSOE perdeu apoio electoral tras baixar 220 sufraxios, o que supón un 33% menos que no 2007.

Mondoñedo, 27 de maio de 2011
O Partido Popular recorda que, como primeira forza política desta localidade, é a única capaz de investir ao futuro alcalde de Mondoñedo sen necesidade de pactar con outros partidos políticos locais e, polo tanto, a única capaz de levar adiante en solitario o seu programa de goberno. Isto é así porque os populares foron a candidatura que maior apoio veciñal obtivo o pasado domingo –1.317 votos– o que lles permitiría gobernar en minoría, pero ademais, porque quedaron a escasos votos de obter a maioría absoluta.

Os populares ademais estarían dispostos a actuar con xenerosidade e responsabilidade, e nese senso xa adiantan, “polo ben de Mondoñedo” non terían inconveniente algún en integrar na Comisión de Goberno a edís do PSOE e incluso do BNG.

“De ter intención de respectar a vontade dos veciños de Mondoñedo –como di o portavoz socialista- o lóxico sería que apostaran por dar a maioría ao gañador das eleccións –á candidatura que encabezaba Elena Candia- e non reeditar un pacto entre perdedores que ademais, insiste o PP, prexudica notablemente aos socialistas.

Os populares lembraron que o PSOE indo da man do Bloque Nacionalista Galego o único que están a conseguir é baixar en votos. Así o reflicten os resultados electorais do pasado domingo onde os socialistas perderon apoio veciñal ao ver reducidos en 220 os seus sufraxios, o que supón un 33% menos que no 2007, cando os socialistas acadaron 648 votos.

Desde o PP indican que é moi complicado comprender que o PSOE saque peito por un pacto de goberno cos nacionalistas que lles  está a levar a perda progresiva de votos. “Os socialistas parecen esquecer que os veciños de Mondoñedo castigaron ao PSOE polo seu pacto cos nacionalistas, e castigaron tamén ao BNG que despois de catro anos de xestión municipal non foi capaz de converterse na primeira forza política”

Os populares insisten en que nesta localidade “os veciños optaron polo cambio”, e que ese cambio debe materializarse coa saída do actual alcalde, “quen foi cesado de facto polos veciños desta localidade”. De actuar en sentido contrario, os socialistas corren o risco de desaparecer, “absorvidos polos nacionalistas, e obter un voto de castigo como consecuencia do seu desprezo á vontade inmensamente maioritaria dos veciños de Mondoñedo”
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net