|
09 / 03 / 2010 |
 A Venerable Orde Terceira presentou este luns o programa da Semana Santa de Mondoñedo. Celebración que este ano traerá novidades, xa que se recuperará o vía crucis polo camiño dos Picos (Mércores Santo ás 19.00 horas). Ademáis, haberá servizo de autobús ata a capela para a xente maior. O programa da Semana Santa comezará o 28 de marzo coa celebración de Domingo de Ramos. Os organizadores da Semana Santa Mindoniense escolleron por terceiro ano consecutivo unha foto desta web para o cartel. |
|
[ler máis]
|
|
|
06 / 03 / 2010 |
Mondoñedo lembrou este sábado a Álvaro Cunqueiro, como é tradición, no aniversario da súa morte. Sobre as 11:30h da mañá tivo lugar unha ofrenda floral no cemiterio e, seguidamente, a lectura popular da obra "Merlín e Familia" no salón de plenos do Concello. Coincidindo ca homenaxe, celebrouse a presentación do libro "León de Bretaña" do escritor ferrolán Ramón Loureiro. As fotografías do evento xa están dispoñibles na nosa galería. |
|
|
05 / 03 / 2010 |
Un ano máis, o motoclube Ruta N-634 invita a participar na XXI edición da Concentración Mototurística.Este ano terá lugar os días 13 e 14 de marzo, comezando as inscripcións o sábado 13 ás 12:00h na Praza do Concello. A organización recibirá ós participantes cunha cervexa e un pincho de benvida, ademáis de consumicións por distintos bares da localidade, camiseta, pin conmemorativo, pegatina... A inscripción incluirá tamén a cea do sábado, almorzo e xantar do domingo en restaurante así como un pincho durante a ruta turística do domingo, queimada nocturna, striptease no Disco Pub A Sala e unha rifa para un sorteo de dúas entradas para o vindeiro GP de Jerez que se realizará no Pub Tal y Cual. Para máis información, a web oficial do motoclube Ruta N-634 pódese visitar entrando aquí.O programa e o cartel da XXI edición da Concentración de motos entrando en ler máis. |
|
[ler máis]
|
|
|
05 / 03 / 2010 |
 Xacobeo 2010 presenta a mostra itinerante 'Olladas no Camiño de Santiago', unha exposición fotográfica que permanecerá no Centro de Desenvolvemento Comarcal de A Mariña Central da nosa cidade ata o 29 de marzo. Posteriormente, a exposición viaxará ata Bratislava (capital de Eslovaquia) para logo regresar de novo a Galicia, onde poderá contemplarse nas localidades de Sanxenxo, Ribadeo e Ferrol. A mostra recolle obras de Delmi Álvarez, Fernando Bellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xulio Villarino e Tino Viz. Esta exposición pódese visitar no horario habitual do Centro de Desenvolvemento Comarcal de A Mariña Central: 10:00h - 14:30h e 15:00h - 18:00h de luns a venres e 10:00h - 14:00h os sábados. |
|
|
27 / 02 / 2010 |
 O sábado 27 de febreiro celebrouse, na Catedral de Mondoñedo, unha misa polo rito hispano-mozárabe na honra de San Rosendo, Bispo, Confesor da Cidade e Patrono da mesma. Estivo concelebrada polo Sr. Bispo de Mondoñedo, Mons. Manuel Sánchez Monge, e o Sr. Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco, acompañados por toda a cúria do Bispado. As fotos da ceremonia, cedidas por Mario Baamonde, están dispoñibles entrando en ler máis. O resto de actividades da festa de San Rosendo foron aplazadas para o 14 de marzo. |
|
[ler máis]
|
|
|
26 / 02 / 2010 |
|
Debido á chegada do ciclón "Xynthia", con ventos de ata 160 Km/h, suspéndese a festa na honra a San Rosendo. As celebracións trasládanse para o día 14 de marzo. Os actos en recordo de Álvaro Cunqueiro, que se deberían de celebrar este domingo, trasládanse ó sábado día 6. |
|
|
20 / 02 / 2010 |
 Mondoñedo viviu con intensidade unha nova edición do desfile de disfraces. Esta vez repartíronse case 4000 euros en premios. Na categoría de disfraces individuais infantís, o gañador foi "Mini Charles Chaplin", seguido de "A fada do bosque" e "Pinocho". Na categoría de parellas infantís, os gañadores foron "O papel tornouse auga" e "O Zorro e a Barbie Mosqueteira". Finalmente, nos grupos infantís gañou "As catro estacións", mentras que os disfraces de "Bebe sano" e das "Animadoras do Álvaro Cunqueiro" levaron o 2º e 3º premio respectivamente. Os adultos tamén viron recompensada a súa participación no Antroido. En individuais gañaron "Ama de casa 2010", "La fea" e "O home das neves". Na categoría de parellas, os disfraces "A Bella e a Bestia", "Tanque de guerra" e "Os reis do reciclaxe", resultaron premiados. Nos grupos de 3 a 10 gañaron "Cambiemos a historia do Mariscal", "Beatas de Ardebullo" e "Construccións Viúva de Arcelino", mentras que en grupos de máis de 10 venceron os de "Perdidos na tribu", "Historia do cine" e "Baby Boom". Finalmente, na categoría de charangas, gañaron "A choca" e "O mellor de cada casa". As fotos e un vídeo do desfile de disfraces están dispoñibles nos seguintes enlaces. |
|
|
16 / 02 / 2010 |
 O pasado sábado, día 13, celebrouse o baile infantil de disfraces no Casino de Mondoñedo. Como cada ano, organizouse unha grande festa para os nenos e nenas da nosa cidade, que desfrutaron cos seus disfraces. Había paiasos, super heroes, príncipes, princesas e moitos máis. A asociación mindoniense de amas de casa foi a organizadora deste evento. As fotos xa están dispoñibles na nosa galería. Moitas gracias a mindonium.com por cedernos as imaxes. |
|
|
15 / 02 / 2010 |
|
Nova colaboración de Benito Godoque, o que se autodenomina como o peor poeta do mundo. Nesta ocasión, para celebrar o Antroido, ofrecémosche unha recopilación de poemas e contos que nos remitiu este peculiar autor. Podes leelos entrando no enlace de ler máis. |
|
[ler máis]
|
|
|