El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22793030 visitas
 
O mantra da crise
22 / 10 / 2011 > Con voz propia Compartir en Facebook Compartir en Twitter
O pasado 16 de Outubro foi o día mundial da alimentación, proclamado para concienciar ás poboacións sobre o problema alimentario e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza. Éste debería ser un día para recordar e festexar, pero, en realidade, o que teríamos que facer é indignarnos. Máis de mil millóns de persoas están a pasar fame agora mesmo. Por primeira vez, dende hai moito tempo, o número de esfameados está a medrar.

O máis sinxelo que podemos pensar é culpar á crise, que coa que está a caer non se pode facer nada e outras moitas escusas baratas. Pero o problema non é a crise, son as solucións que se están impoñendo para saír desta... RECORTAR, RECORTAR, RECORTAR... parece un mantra.

Os recortes o que provocan é que a axuda ao desenrolo dos países máis desfavorecidos, que segundo acordos que se asinaron nos tempos de bonanza e de vacas cheas sería do 0,7% do PIB de cada país do “primeiro mundo”; non se achegue ao 0,3%. Os países poderosos non cumpren, non soamente coa súa palabra, senón tamén co seu deber moral. Quizais deberíamos explicarlles que ese mesmo mantra é unha gran mentira, que recortar é unha trampa; ao facelo
empezan a fraquear as cousas esenciais e básicas. E cando as cousas básicas se deixan de lado estamos facendo que entren no mercado da especulación e pasen a estar nas mans privadas, as que empezan a manexar o que debería ser público e de todos, e esas cousas non deberían, xamais, ser un negocio no que se poidan lucrar os catro espabilados de sempre.

Ese mantra, na miña opinión, é unha mentira por moitas outras cousas. Na España das “Comunidades Autónomas”, estas son as que máis recortaron en Axuda ao desenrolo, case un 25% no último ano, e non quero meterme noutros recortes como en sanidade, educación ou servizos sociais. ONGS, asociacións e outras organizacións recórdanos a necesidade de apostar polo gasto en desenrolo. E, aínda que en voz baixa, algunha destas institucións tamén nos recordan que a crise non é a principal causa pola que esta a medrar a fame no mundo, nin a seca, nin os Gobernos corruptos dos países pobres teñen moito que ver. Esas son as mentiras que nos
contan e que asimilamos como verdades para sentirnos mellor e ter a conciencia tranquila e limpa. Esa conciencia que nos modelan ao seu gusto e conveniencia.

As causas fundamentais polas que está a medrar a fame no mundo, teñen que ver, ademais deses mal intencionados recortes, co negocio que algúns queren facer coa alimentación. Nos últimos anos as grandes multinacionais da agricultura e da alimentación que utilizan o terceiro mundo como sede para as súas fábricas e plantacións, multiplicaron por dez o seu volume de negocio. Especulan co prezo dos produtos básicos, negocian cos prezos nas bolsas coma se estiveramos a falar de ouro, de cobre ou de accións dalgunha empresa. Estanse a enriquecer.

Chegamos a un punto ao que no “Primeiro mundo” só gastamos un de cada 6 euros en alimentación, mentres que nos países en vías de desenrolo ou subdesenvolvidos gastan, polo menos, 5 de cada 6 euros en alimentación. Mentres segan loitando só por poder comer, nunca poderán saír da miseria na que están metidos; e precisamente esas grandes corporacións que utilizan os recursos destes países para que nos cheguen os alimentos baratos ao “Primeiro mundo”, mentres a eles se lles encarecen, pertencen a grupos que son os que premen aos gobernos para que fagan recortes e recortes.

Que ninguén dubide que, entre estes recortes que estamos a vivir e a sufrir, hai catro que están encontrando a abundancia na que quixeran nadar. Esa é a trampa, ¿Porqué ninguén plántea solucionar os problemas do mundo invocando outro mantra? GASTAR, GASTAR, GASTAR ...., que non dilapidar. Aínda que dicilo sexa politicamente incorrecto.

Santiago Crespo Pérez


NOTA: LAS OPINIONES VERTIDAS EN ESTE ESPACIO SON DE EXCLUSIVA RESPONSABILIDAD DE SUS AUTORES Y NO REPRESENTAN NECESARIAMENTE LA OPINIÓN DEL EDITOR.
Para publicar un artículo firmado en esta sección escribir a: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
 

 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net