El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22768586 visitas
 
Sempre Mondoñedo!
21 / 12 / 2011 > Con voz propia Compartir en Facebook Compartir en Twitter
O pasado día 17 do actual tivemos a gozosa oportunidade de asistir en Mondoñedo ó acto co que remataban as celebracións que ó longo do ano tiveron por marco distintas vilas e cidades de Galicia, co gallo de cumprirse os cen anos do nacemento do eximio escritor, o mais ilustre fillo da cidade episcopal: Álvaro Cunqueiro.

Os mindoniense, unha vez máis, deron a talla amosando ós centos de asistentes  o que é o seu tradicional talante, o talento,  o enxeño e as dotes para canto ten que ver coa cultura, expresada, sobre todo, a través da arte de Talía,  de grande vistosidade,  e a música vocal ou instrumental, facetas que foron prodígadas ó longo da noite.
Unha singular “Noite de Merlín”, que tivo como motivo central a representación en cuxa montaxe participaron uns 200 veciños, de tódalas idades, baixo guión de Elías Noel Fdez. Ferreira e a colaboración da Escola de Música, dirixida por Xan Carballal; Paco Piñeiro e persoal técnico dos grupos dos que é creador e director e Isidoro Rodriguez e Mita Adriana, avezados creadores e directores de espectáculos de música e danza, que na obra concebida para a ocasión, fixeron de relator e bailarina principal. A imaxinación e a fantasía, que non podían faltar na homenaxe ó gran fabulador, mantiveron a cotío o expectante interese dun público entusiasta e moi numeroso que vivíu a experiencia inesquecible dunha noite lúdica nun entorno inigualable: as  rúas mindonienses que gardan entre as vellas pedras, labradas por históricos artesáns, as ancestrais melodías dos seus músicos insignes e os versos dos poetas do seu nutrido parnaso, todo o feitizo e o engado da vella e romántica cidade. Non é doado, noutro lugar, disfrutar de tanta beleza.
Os colectivos locais “Xoldra”, ”Pasatempo”, “Pena do Unto”e o numeroso público marcharon, dende a praza da catedral, ata o auditorio, con breve alto na praza do concello para, dende o balcón do mesmo,o gobernador das Terras de Miranda (personaxe interpretado polo alcalde de Mondoñedo),dirixirse a tódalas xentes das Terras de Miranda implorando a volta da maxia e da luz á cidade e á sua bisbarra, ceibando a cada intre, naquel ambiente ledo e festivo, o berro reivindicativo:                  
“¡ Queremos luz!”.
Pola mañán tivera lugar unha Táboa Redonda coa participación de  Armando Requeixo, profesor ; Antonio Reigosa, escritor, presentados e moderados por Fran Bouso, mestre. Foi rendida alí homenaxe ó carismático “Merlín” que personifica Manolo Montero que coa súa presencia polas rúas contribue moi eficazmente a popularizar o mítico personaxe cunqueirano e con él o nomde da cidade. .O profesor, escritor, poeta e director de teatro Francisco Piñeiro presentou unha brillante moción sobor do teatro na obra de Cunqueiro que leo a súa dona Paz, coa galanura e a sensibiidade da grande actriz que é, pois Paco non puido redondear coa súa presencia o importante traballo realizado na montaxe de tan exitoso evento: aquel día tivo que cumplir  ca triste obriga de dar sepultura ó seu pai.Vaia novamente para o querido e admirado amigo a expresión do noso sentimento.
Cabe destacar o esforzo titánico de quenes foron os inspiradores  do evento : Luis Fdez. Ansedes e os compañeiros de directiva da asociación “Abrindo Camiño” entidade organizadora desta edición especial de A Noite de Merlin.
E en todo caso a exemplar actitude dos mindonienses que deron unha lección de bó facer. ¡Sempre Mondoñedo!
 
  SUSO FERNÁNDEZ

 

NOTA: LAS OPINIONES VERTIDAS EN ESTE ESPACIO SON DE EXCLUSIVA RESPONSABILIDAD DE SUS AUTORES Y NO REPRESENTAN NECESARIAMENTE LA OPINIÓN DEL EDITOR. Para publicar un artículo firmado en esta sección escribir a:   Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net