El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22775695 visitas
 
Fomento incrementa en más de 40 millones de euros el presupuesto para el tramo mindoniense de la A-8
20 / 04 / 2012 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
AutovíaEl Ministerio de Fomento acaba de incrementar en más de 40 millones de euros la partida presupuestaria de 2012 para la finalización de la autovía A-8.
El Gobierno socialista había presupuestado en 2011 un total de 6,3 millones para la finalización de los tramos Lindín-Careira y Mondoñedo-Lindín.
La paralización de las obras de la A-8 a su paso por nuestro municipio, ocasionó importantes daños a los vecinos, al verse inundadas sus casas y estropeadas sus cosechas.

NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 20 de abril  de 2012 - O departamento do Ministerio de Fomento do Goberno central ratifica nos orzamentos do Estado para o 2012 o seu compromiso coa localidade de Mondoñedo, ao incrementar en máis de 40 millóns de euros a partida orzamentaria destinada ao remate do tramo da A-8 ao seu paso pola localidade con respecto a cantidade consignada polo anterior goberno socialista, cuxo departamento lideraba José Blanco.

A portavoz do Partido Popular de Mondoñedo, Elena Candia, xunto co presidente do PP de Lugo e portavoz no Senado, Xosé Manuel Barreiro  e o deputado no Congreso, Jaime de Olano, valoraron esta mañá a boa disposición demostrada polo ente que preside Ana Pastor para lograr a resolución dunha problemática que levaba anos ocasionándolles graves prexuízos económicos aos veciños das parroquias polas que discorre a autovía.

Tras a herdanza envelenada do goberno socialista e pese aos recortes que o goberno central se viu na obriga de acometer nos orzamentos co único obxecto de reducir o déficit público, o Ministerio de Fomento destina aos proxectos para o 2012 co obxecto de rematar a transcantabrica ao seu paso por Mondoñedo, os máis 48 millóns de euros. Esta cantidade dividese en máis 21.7 millóns euros para o tramo Lindín-Careira (9,3 quilómetros) e máis de 26.3 millóns para  o que discurre entre Mondoñedo-Lindín, que suma uns 4.7 quilómetros.

Esta cantidade que suma máis de 48 millóns contraponse aos 6.3 millóns recollidos polos anterior goberno socialista para o remate destes tramos da autovía no 2011, 3 millóns para o tramo Lindín-Careira e 3.3 millóns para o de Mondoñedo-Lindín.

Á cantidade orzamentada polo Ministerio de Fomento para o 2012, hai que sumarlle a proxección para 2013, que recolle a inversión de máis de 23,4 millóns de euros para o tramo Lindín-Careira e máis de 26.18 millóns para o de Mondoñedo-Líndin. O que suma una cantidade que ronda os 98 millóns euros para invertir na autovía durante o 2012 e 2013.

Cabe recordar que as obras nestes tramos da autovía comezaron no 2005 e prevese que rematen no 2013, cun coste total superior aos 78,2 millónes euros para o tramos Lindin-Careira e de máis de 71.4 millóns de euros para o de Mondoñedo-Lindín.

Estas cantidades presupostadas polo Goberno central para acometer obras no tramos da Autovía Transcantábrica ao seu paso por Mondoñedo, permite que Lugo se leve case a metade do orzamento que Fomento destina a Galicia, aproximadamente 130 millóns de euros.

Tal e como recordan os populares, esta actitude demostrada polo Goberno central permitirá materializar un compromiso ralentizado en numerosas ocasións polo departamento liderado por José Blanco e que ademais de dificultar as comunicacións estaba a ocasionar importantes trastornos no día a día dos veciños das parroquias polas que discorre a autovía. Dende fai anos, os veciños vían como se inundaban as súas casas e colleitas en días de choiva debido as obras e trastornos ocasionados polas obras da A-8 ao seu paso por Mondoñedo, que se viron paralizadas pola necesidade de modificar o tramado orixinal debido a problemas técnicos e de consolidación de terreo. Os populares tamén recordan o compromiso de pago de expropiacións dos socialistas, algunhas delas anteriores ao 2009, que deixaron sen pagar aos populares.

Desta maneira, os populares aseguran que se poderá materializar unha obra a que levan facendo seguimento dende fai anos e que o goberno socialista prometera rematar en 2011.

Reunión Barreiro Olano y Candia
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net