El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22790654 visitas
 
1º Manifesto do Grupo Literario “Leiras Pulpeiro”: Sobre os accesos desde a Autovía do Cantábrico
29 / 01 / 2014 > Con voz propia Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Todas as persoas que formamos parte do Grupo Literario “Leiras Pulpeiro” temos como referente humano ao médico, poeta, político e humanista Manuel Leiras Pulpeiro.
Del aprendemos sobre todo que o interese xeral está sempre por riba de calquera comenencia particular ou partidista. E ademais, todas e todos nós temos querenza como lugar afectivo e da memoria polos valores culturais herdados dos homes e mulleres que ao longo da historia deron brillo e resplandor a Mondoñedo.
Somos conscientes de que a simple alusión a un pasado glorioso non abonda, senón que nos obriga a velar porque o prestixio herdado non se esvaeza e a traballar para que o presente e o futuro de Mondoñedo e das súas xentes acrecente e consolide un ben patrimonial que, sendo local, tamén é universal e debemos compartilo co resto do mundo.
Os que participamos deste proxecto, fose por nacemento ou por simpatía, sabemos que, como amosan os indicadores de todo tipo, o Mondoñedo do presente vive unha situación difícil, por múltiples e moi variadas causas, pero que afecta gravemente tanto ao benestar das persoas como ao propio creto da cidade, o que supón limitar de xeito importante as súas posibilidades de futuro.
Por iso, como colectivo e individualmente, manifestamos a nosa vontade de non manternos alleos a acontecementos, circunstancias, situacións ou decisións que ao noso entender poidan repercutir negativamente no devir mindoniense, como está sucedendo na actualidade como consecuencia da apertura da Autovía do Cantábrico. Unha vía moderna e de alta capacidade que permitiría, potencialmente, que moitas persoas atraídas pola historia mindoniense fosen e viñesen en poucas horas desde Lisboa, París, Barcelona, Donosti, Porto, Vigo, Santiago, Lugo ou A Coruña ata a nosa cidade. Porén, esta autovía circunvala Mondoñedo como se Mondoñedo fose unha illa.
Desde a Xesta, Lindín ou Arroxo, os tres puntos da enlace da autovía coa cidade, Mondoñedo parece unha illa afastada da costa do futuro. As estradas actuais están en malas ou, como é o caso da que parte de Lindín (lugar de orixe do pai de Leiras), en moi malas, pésimas condicións.
Como polo de agora non hai, que se saiba, ningún proxecto concreto e con garantías para atender este grave problema, máis alá de suposicións mediáticas alentadas por intereses partidistas, nós reclamamos unha solución inmediata e de calidade a este problema.
Mondoñedo non é nin quere ser unha illa, como reflicte a súa historia, senón parte dun valioso continente a visitar. Os que teñan a obriga de darlle solución e esperanza aos mindonienses non deben permanecer indiferentes ante esta xusta petición. Se o fan e un día a “auga” que nace da fonte dese seu abandono chega a asolagar a memoria nosa ou afoga o noso futuro, eles serán os únicos culpables.

Grupo Literario “Leiras Pulpeiro” - Mondoñedo, 28 de xaneiro de 2014

NOTA: LAS OPINIONES VERTIDAS EN ESTE ESPACIO SON DE EXCLUSIVA RESPONSABILIDAD DE SUS AUTORES Y NO REPRESENTAN NECESARIAMENTE LA OPINIÓN DEL EDITOR. Para publicar un artículo firmado en esta sección escribir a: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net