El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22799221 visitas
 
Novos tempos
11 / 02 / 2014 > Con voz propia Compartir en Facebook Compartir en Twitter
A pesar de seres susceptible de todo tipo de críticas, con maior ou menor atino e xustificación, o certo é que esa rede social chamada Facebook semella ser unha estupenda ferramenta de expresión cidadá. Ademais, por suposto, de permitir mantelo vínculo co noso querido Mondoñedo a todos aqueles que por diversos motivos atopámonos fóra da nosa cidade. Así pois, un lugar onde paisanos manteñen conversas adoptando múltiples puntos de vista, un recuncho para o encontro (virtual) de toda unha comunidade e, igualmente importante, un "quiosco" sempre aberto  no cal se impregnar da máis absoluta actualidade (sempre cun marcado tinte "vox populi"), non debera nunca comportar un carácter lesivo ou pernicioso.

De tal xeito, meus veciños, a consigna nunca estivo máis clara. Sigamos convivindo, expresándonos, confraternizado e, por qué non, tamén discutindo; que con causa e motivo, por veces chega a ser moi san. Apelando sempre ás máximas de respeto e liberdade expresiva, todos e cada un de nós ten cabida nesta rede que "atrapa" de xeito tan ledo.

O mundo avanza. Facebook e a comunidade de internautas que xornada a xornada arrastra tras de sí, resulta sela maior das evidencias. Avancemos nós tamén ó seu carón. O progreso debe chegar, mais nunca esquezamos de onde vimos, as nosas raíces. Mondoñedo non pode quedar atrás vítima do atraso e o abandono. É por eso que, todos e cada un dos que nos consideramos mindonienses temos de maneira intrínseca un compromiso para coa nosa fermosa cidade. Poñamos pois en marcha tódalas ferramentas á nosa disposición para materializar dita consigna. Facebook é unha delas. Empreguémola con intelixencia; por nós, por Mondoñedo.

Santo e sinal. Mondoñedo, saúde e terra.


  Alejandro Hermida Artiaga

 

NOTA: LAS OPINIONES VERTIDAS EN ESTE ESPACIO SON DE EXCLUSIVA RESPONSABILIDAD DE SUS AUTORES Y NO REPRESENTAN NECESARIAMENTE LA OPINIÓN DEL EDITOR. Para publicar un artículo firmado en esta sección escribir a: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla       
 

 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net