El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22783993 visitas
 
Mondoñedo promociona as feiras e festas de As San Lucas en Asturias e Santiago
14 / 10 / 2014 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
As San LucasMondoñedo promocionou as feiras e festas de As San Lucas en Asturias e Santiago.
O presidente da asociación organizadora das San Lucas xunto con outros membros presentou esta fin de semana as feiras no Mercado de Abastos de Santiago e no mesón Terras Galegas de Gijón.
Souto resaltou a historia da que é a feira máis antiga de Galicia e reincidiu na necesidade de continuar a traballar para achegar este encontro fóra da provincia.


NOTA DE PRENSA
Membros da asociación organizadora da Feira das San Lucas presentaron esta fin de semana tanto en Asturias como en Santiago o programa destas festas, que darán comezo o próximo xoves 16 de outubro e finalizarán o luns día 20.

O presidente da asociación, Miguel Souto, lembrou que o venres “demos a coñecer as actividades previstas para este ano no mesón Terras Galegas de Gijón nun acto no que participaron representantes de diferentes entidades gastronómicas de Asturias”.

Souto resaltou a importancia de traballar na dirección de potenciar o turismo de proximidade a través deste tipo de festas, e máis tendo en conta que “son moitos os asturianos que ano tras ano visitan a localidade durante a celebración das San Lucas”.

A maiores, a presentación en Santiago de Compostela tivo lugar o sábado no Mercado de Abastos da capital de Galicia, un lugar ao que Souto cualificou de “emblemático e moi vinculado coas San Lucas, xa que estas feiras nacen con esta finalidade, coa de mercadear, trocar, vender..; e que co tempo se converteron en cultura e tradición”.

Durante este encontro, o presidente da asociación resaltou a historia da que é a feira máis antiga de Galicia, e unha das que conta con maior tradición en Europa e que se leva celebrando dende o ano 1156.

“Esta tradición segue a pervivir no século XXI e é necesario continuar a traballar para achegar este encontro fóra da provincia e que día a día As San Lucas continúen a ser un referente e unha feira con maiúsculas”.

As San Lucas


As San Lucas
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net