El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Hay 1 visitante en línea
Contador
22797143 visitas
 
Candia anuncia incentivos para os propietarios de vivendas abandonadas
18 / 08 / 2015 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Cidade de MondoñedoO equipo de Goberno de Mondoñedo porá en marcha un censo coas edificacións que se atopen en situación de risco ou deterioro ao tempo que elaborará un paquete de medidas para que poidan ser recuperadas polos seus propietarios.
Elena Candia incentivará aos propietarios de vivendas abandonadas para avanzar na súa rehabilitación e mellorar a seguridade cidadá.
A alcaldesa traballará na posta en valor das axudas á rehabilitación, polo que tramita un novo convenio que favorecerá novas actuacións.

NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 18 de agosto de 2015- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, avanza que o Goberno que preside prevé articular incentivos para os propietarios de vivendas abandonadas como paso previo para avanzar na súa rehabilitación, así como para garantir e mellorar a seguridade cidadá.

A rexedora prevé por en marcha un censo de vivendas abandonadas ou que se atopen en estado ruinoso e elaborar un paquete de medidas para que as edificacións poidan ser rehabilitadas polos seus propietarios. “”Consideramos imprescindible traballar a prol da seguridade dos inmobles e o certo é que cando chegamos ao Goberno atopamos numerosas vivendas en situación absolutamente ruinosa, o que pode provocar inseguridade para os veciños e veciñas e danos ás casas próximas”, explica.

A alcaldesa precisa que “o dereito á propiedade privada debe ser compatible con non xerar danos e prexuízos nin ás persoas que circulen polas beirarrúas nin ás vivendas anexas.

O Goberno local ten previsto elaborar, de xeito inmediato, un censo que inclúa as vivendas abandonadas na zona urbana e tamén no rural. Ao mesmo tempo, o executivo que preside Elena Candia aprobará un paquete específico de medidas que garantan a seguridade xurídica precisa para darlle unha resposta máis áxil ás demandas dos cidadáns.

Estas propostas veranse complementadas cunha serie de incentivos destinados aos propietarios para que poidan acometer as obras, restablecer a seguridade e contribuír á mellora da imaxe da localidade no seu conxunto.

Impulso á zona ARI
A rexedora traslada ademais a súa aposta polas axudas á rehabilitación a través da zona ARI, declarada en 1998. O Goberno local de Mondoñedo tramita xa un novo convenio que permitirá a adhesión de novas vivendas, en concreto 22.
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net