El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Hay 1 visitante en línea
Contador
22797464 visitas
 
Entroido mindoniense o 13 de febreiro
18 / 01 / 2016 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Entroido
O Entroido mindoniense celébrase o sábado 13 de febreiro con novidades na súa programación.
Está organizado polo Concello (a través da Concellería de Xuventude) e a ACIAM, xunto coa colaboración de voluntarios. 
Inclúense novas categorías a participar no desfile, mellórase o catálogo de premios e contarase coa actuación dunha orquestra musical.
Candia asegura que “queremos apostar por esta cita mindoniense e lograr un maior pulo que permita atraer a máis participantes e visitantes á localidade”.
 
NOTA DE PRENSA
O Entroido de Mondoñedo celebrarase este ano o sábado 13 de febreiro. Organizado polo Concello (a través da Concellería de Xuventude que dirixe Alberto García), e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos da localidade (ACIAM), en colaboración con voluntarios; conta cun programa que presenta importantes novidades que “melloran o seu atractivo, co que se buscan dar un pulo a esta cita anual”.

O Entroido mindoniense de 2016 inclúe un incremento no número de diferentes categorías que poden participar no desfile e melloras no catálogo de premios,  amais de contar con cartel musical.

En concreto,  haberá novas categorías de participantes no desfile. Os adultos participarán no desfile nas categorías de comparsas, charangas, carrozas, grupos, individuais e parellas, mentres que tamén haberá premios infantís para grupos, parellas e individuais. Neste senso,  é necesario resaltar que as novidades son a división entre comparsas e charangas, que en pasadas edicións competían na mesma categoría, ademais de que se creou unha nova categoría, a das carrozas.

Do mesmo xeito, tamén se mellora o cartel de premios. Así, a contía a repartir entre os gañadores increméntase nun 78% respecto á pasada anualidade e concederanse tres premios por categoría que participa.

A maiores, a programación do Entroido de Mondoñedo para este ano tamén conta coa actuación musical dunha orquestra, que permitirá amenizar a entrega de premios e prolongar a celebración deste día na localidade.

Por último, a alcaldesa Elena Candia lembrou que o Goberno municipal “quere apostar polo Entroido e, deste xeito, estase a traballar en melloras na súa programación, que xa comezarán a darse esta anualidade e que permitirán impulsar esta cita”.
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net