El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Hay 1 visitante en línea
Contador
22775621 visitas
 
Preto de 5000 Euros en premios no Entroido mindoniense
23 / 01 / 2016 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Entroido
Entre as novidades deste ano atópase a actuación da Orquestra Claxxon, a elección da raíña do Entroido e un novo percorrido para as carrozas.
O Concello de Mondoñedo entregará preto de 5.000 euros en premios o día grande do Entroido, o 13 de febreiro, aumentando así a contía con respecto aos anos anteriores.
O desfile das comparsas saíra do Campo dos Paxariños ás 17:00 horas.



NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 23 de xaneiro de 2016.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo repartirá preto de 5.000 euros en premios o día grande do Entroido, o próximo 13 de febreiro, aumentando así a contía con respecto aos anos anteriores. Entre as novidades na organización deste ano, a rexedora, a popular Elena Candia, subliña a actuación da Orquestra Claxxon, a elección da raíña do Entroido e o novo percorrido para as carrozas.
No xurado terán presenza representantes do asociacionismo local, ademais de ACIAMS doutros concellos.
Ao longo do día haberá animación pola rúa con comparsas que actuarán desde as doce do mediodía facendo un percorrido desde o Campo dos Paxariños polo casco histórico e cunha actuación a no Barrio dos Muíños. A ruta rematará de novo no Campo dos Paxariños tras percorrer as rúas da localidade. 
Menús especiais de Entroido
O Goberno local agradece de xeito especial a implicación da hostalería que, tamén como novidade, terá un menú especial de Entroido e tapas especiais con produtos típicos destas datas. O agradecemento do Concello faise extensible aos voluntarios e á Asociación de Comerciantes e Hostaleiros. “Sempre pensamos que hai que contar  coa xente para facer as cousas e así o seguiremos facendo co único obxectivo de promocionar o noso Entroido, e de aí os cambios que introducimos na celebración deste ano”, explica Candia.
Desfile e premios
Os interesados en participar deberán inscribirse no Edificio do CIM, no Campo dos Paxariños, de 16 a 16:30 horas do sábado 13 de febreiro, onde se lles entregará un dorsal co número de participación correspondente.
As charangas e comparsas terán como mínimo 15 participantes e terán que contar cunha escenificación. Serán consideradas charangas as que leven instrumentos reais, e comparsas aquelas que conten con turutas e percusión no seu repertorio.
Os participantes sairán do Campo dos Paxariños ás 17:00 horas e percorrerán as principais rúas da cidade ata chegar á Praza da Catedral. As carrozas, comezarán o desfile no barrio dos Muíños, tamén ás 17:30 horas, e confluirán co resto do desfile na Praza da Catedral.
Considérase categoría infantil aqueles participantes menores de 12 anos de idade. No apartado de grupos infantil, a maioría dos seus compoñentes deberán ser menores de 12 anos de idade, podendo ir acompañados de varios maiores disfrazados. 
Os premios serán entregados ás once da noite e todos os participantes deberán de recoller o premio co seu disfrace. Non obterán premio aqueles grupos ou comparsas que non estean no lugar de entrega de premios, cando me nos unha parte dos seus compoñentes.
Axúntase cadro dos premios.
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net