El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Hay 2 visitantes en línea
Contador
22254871 visitas
 
Concerto de Mikel Erentxun nas feiras e festas de As Quendas 2016
01 / 04 / 2016 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Concierto
Mondoñedo celebrará a súa tradicional Feira e Festa das Quendas a fin de semana do 29 ao 1 de maio.
Mikel Erentxun actuará en Mondoñedo o día 30.
O cantautor, xunto a Diego Vasallo e Juan Ramón Viles creou Duncan Dhu, un dos grupos máis importantes do pop español. No ano 1992 comezou su carrera paralela en solitario. Erentxun traerá ata Mondoñedo o seu traballo "A Corazón Abierto", un álbum acústico gravado en directo.
Máis información sobre o concerto e sobre as festas de As Quendas no seguinte enlace.
 
As Quendas 2016
 
O cantautor Mikel Erentxun actuará en Mondoñedo o vindeiro 30 de abril dentro da programación das Feiras e Festas das Quendas, que este ano se celebrarán a fin de semana do 29 de abril ao 1 de maio.

O presidente da Asociación As San Lucas, organizadora das Quendas, Miguel Souto, explicou que “estamos a preparar para esta edición un programa cun forte contido cultural” que se entrelazará cos aspectos máis tradicionais das Quendas como son a Feira Cabalar, a  Festa da Empanada e os produtos do campo, e no que “non poderá faltar o aspecto musical, que hoxe adiantamos”.

O concerto de Mikel Erentxun será ás 22:00 horas no auditorio Pascual Veiga. As entradas xa están a venda en Abanca por un prezo de 14 euros, e o custo en taquilla  será de 18 euros. O cantautor traerá ata Mondoñedo o seu traballo, A Corazón Abierto, un álbum gravado en directo, en acústico e en solitario. 

Ademais do concerto estrela, a programación das Quendas tamén inclúe a actuación de orquestras na Alameda dos Remedios. O venres 29 de maio, estará a orquestra revelación 2016 La Phila, o sábado 30, Salarena e Montreal e o domingo, 1 de maio, Principal.

Pregoeiro
O pregón das Quendas 2016 virá da man do músico e escritor galego, César Morán Fraga, moi vinculado coa cidade de Mondoñedo xa que súa nai naceu na localidade, ademais  de colaborar coa programación cultural de Mondoñedo sempre que se lle solicitou, e coa actividade Mondoñedo é Poesía.


 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net