El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22778427 visitas
 
Mauro Leivas: Pregón de As Quendas 2009
30 / 04 / 2009 > Cultura Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Fai algúns días vin na tv certos personaxes dando o pregón das festas de varias localidades e metían a pata hasta as orellas confundindo os nomes das vilas, dos patróns,…

Mauro LeivasNon me asusta tanto eso, coma caer na cursilería nostálxica de contarvos unha restra de lembranzas idealizadas dunha lírica infancia perdida… ou o raca raca tópico, resultón e agradecido, do que foi na historia galega esta cidade… ou do meu traballo coma creativo, que polo demais podedes atopar na internet ou nas hemerotecas… ou dos toxos e xestas breixos que nestes días de éstrena a primavera loce fachendosa onde queira que un mire.

Non, non vos preocupedes, acougade. O que si me gustaría contarvos é por que resisto en Mondoñedo:
Semella que os artistas viven dunha certa maneira, que non fan caca e case que transpiran auga de rosas. Suponse que os artistas pásanse a vida de cocktail en cocktail, en glamourosas aeroliñas intercontinentais para viaxar a Berlín ou a Nova Iorque ou Tokio… é obrigado se-lo máis “in” neses centros da cultura onde todos conspiran nunha sorte de concurso universal para obter os dez minutos de gloria que parecen correspondernos ós cidadáns da sociedade do hedonismo e consumo irresponsable.

O éxito e o fracaso son só verbas, só palabras: a vida vai poñendo as cousas no seu sitio e será a historia quen decida finalmente. Castelao tíñao claro cando afirmaba que hai que ser dun tempo e dun lugar.

E por iso direivos que son consciente do privilexio que significa formar parte dunha comunidade coma a nosa, do excepcional de dispoñer dun cachiño de planeta aínda bastante equilibrado humana i ecoloxicamente, a pesares dos pesares.
Temos unha obriga cos nosos devanceiros por deixarnos tanto e témola tamén cos nosos herdeiros: non podemos facerlles o futuro insufrible!

Do pasado ven a festa, dos antigos ritos de fecundidade e celebración dos solsticios, cando a vida retorna do escuro e frío inverno.
Grazas a quenes co seu traballo nos devolveron a oportunidade de gozar de todo o bo e fermoso que temos. O Siñor Redruello (recetas) foi o druída que recuperou as Quendas, chíscolle un ollo dende aquí a el e ós camaradas que xa non están entre nós.

Gustaríame que esa herdanza se convertese nun presente mellor e un futuro sostible para todos. Mentres, e aprendendo do vello profesor nos seus pregóns do San Sidro madrileño, direivos: mindonienses e achegados: a bailar, a comer, a rir e foder e beber, que estamos nas Quendas!!!

MAURO LEIVAS

 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net