Mondoñedo cotidianamente vive en el silencio; aquí podríamos inventar el Mindoniental, absoluto, suave, reparador, tranquilizante.
[19]

Aprenda el viajero a dejarse, en Mondoñedo, acariciar por el silencio, por una música antigua que anda por el aire, en el agua de las fuentes, en el eco de las campanas. Es como un terciopelo tibio…

E do silencio nace a soidade, por iso confesa tamén:

 “Góstame a soedade” (Autopoética, CCG)  [20]

soidade que paseaba por todo Mondoñedo:

Tengo dicho que llevo mi ciudad natal a un costado de mi vida, y no me es fácil -aparte el envejecer con ella y en ella-, contarle sus trabajos y sus días. Me gusta, por ejemplo, caminar por sus rúas itinerarias, San Roque, Perejil, del Pumar…[21]

Os paseos pola cidade e arredores eran o seu alimento literario, de aí que diga:

góstanme os longos paseos por ista docísima ribeira (Autopoética, CCG);

ribeira que camiñaba de riba para baixo e a cotío:

Góstame…a estrada do Carmen pólo inverno, que é chea de sol; a estrada de San Lázaro pola primaveira, estrada de riquísimo áer; polo vran á veira dos ríos, polas aceas de Xacinto i-a ría da Cega; no outono a Alameda dos Remedios é unha groria (Autopoética, CCG).

Mesmo dos crus e duros invernos mindonienses chegou a escribir:

Mondoñedo, en invierno, es sencillamente maravilloso: dulce bajo el sol, enorme y melancólico bajo la lluvia (A. C. O gran fabulador, Xunta de G., páx. 192).

Cunqueiro sentía necesidade de Mondoñedo. Había unha perfecta simbiose entre o escritor e a cidade, de aí que diga abertamente:

Prefiro Mondoñedo e Compostela a todo (Autopoética, CCG)

por iso cando cae enfermo e despois de pasar polo hospital, nunha entrevista que concede ó periodista Perfecto Conde no xornal “El País” o primeiro que lle di é:

Yo estuve hospitalizado tres veces y la primera llegué a pensar que podía no volver por mis caminos de Mondoñedo (El País, 20-IV-80).

Velaí o gran drama de Á. Cunqueiro, non poder volver soñar na súa cidade, o que probablemente lle supoñía a morte como escritor. Era en Mondoñedo onde voaba a súa fantasía. Mondoñedo, pois, proporcionáballe todo o que necesitaba para escribir: soño, silencio, soidade, longos paseos, fantasía e, mesmo, amor, xa que do seu puño e letra temos na Autopoética a seguinte fermosa confesión:

 No espello do armario agárdanme tristes // restos dun rostro amado eternamente (Autopoética, CCG).

Estes eran os seus deuses literarios que vivían no olimpo mindoniense e só aquí os podía atopar e gozar.

E para despedirnos, quixera ter un recordo para o bosque de Silva, que tantos soños lle proporcionou e que se atopa aquí ó lombo da Alcántara, e para o que el aínda segue mirando grazas á estatua de Juan Puchades:

Quisiera encontrar palabras para los versos de una elegía en la que poder decirle al bosque, al oído, que existe la resurrección de las verdes ramas, allá, en el Paraíso… [22] Cae la tarde en el bosque y en el siglo. [23]

 

 

 



NOTAS:

1 Cantar galego de Leiras Pulpeiro que se pode ler na fronte da casa onde vivíu cos pais, na rúa que leva o seu nome, nº 15, en Mondoñedo.

2 A. Cunqueiro, “El regreso a Citérea”, Viajes imaginarios y reales, Selección e prólogo de César Antonio Molina, Tusquets Editores, Barcelona, 1986, páx. 67.

3  H. Cal Pardo, “Cantores do Nadal”, Monfadal, Revista mindoniense de cultura, Xixón, 1998, páx. 37.

4  H. Cal Pardo, Catálogo de los documentos medievales, escritos en pergamino, del Archivo de la Catedral de Mondoñedo, Deputación Provincial de Lugo, 1990, páx. 13.

5  J. Rodríguez del Padrón, Siervo libre de amor, edic. de Antonio Prieto, Madrid, Castalia, 3ª ed., 1986, páx. 67.

6  Vide A. X. Meilán García, “O último ano do Mariscal Pero Pardo de Cela: o cerco e a traizón da Frouseira”, en Murguía, Revista Galega de Historia, Santiago de Compostela, AGH, 13, 2007, páxs. 71-72.

7  E. Lence-Santar y Guitián, Mondoñedo y el arbolado en el siglo XVI, Viveiro, A. Santiago, 1954, páx. 7.

8  Vide nota 3.

9  M. Leiras Pulpeiro, Obra completa, Estudo crítico de X. L. Franco Grande, Fundación Penzol, Galaxia, 1970.

10 Manuel Leiras Pulpeiro, Poesía completa, Estudio, edición e notas por X. Alonso Montero, Sálvora, Santiago de Compostela, 1983.

11 R. Reimunde Noreña, M. Leiras Pulpeiro, Poesía Completa, Sotelo Branco, Barcelona, 1984; tamén Ben pode Mondañedo desde agora. A esencia popular na obra e na lengua de M. Leiras Pulpeiro, Fundación Caixa Galicia, El Progreso, Lugo, 1998.

12 Cfr. X. R. Freixeiro Mato, Da montaña o corazón (Producción literaria e lingua en Noriega Varela), Fundación Caixa Galicia, Lugo, 1993, páxs. 11-12.

13 X. R. Freixeiro Mato, A cara oculta de Noriega Varela (biografía e textos esquecidos), Laiovento, Noia, 1992; tamén Antonio Noriega Varela. Estudio e edición da obra completa, Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, Lugo, 1994, 2 tomos.

14 I. Morán Cabanas, “Cando esquece o toxal florido (A figura da mai en A. Noriega Varela)”, Monfadal, Revista mindoniense de cultura, Gijón, 1998, páxs. 69-80.

15 A. Cunqueiro, “En Mondoñedo por San Lucas”, El pasajero en Galicia, Selección e prólogo de César Antonio Molina, Tusquets Editores, Barcelona, 1989, páxs. 163-164.

16 A. Cunqueiro, “El regreso a Citérea”, Viajes imaginarios y reales, páx. 67.

17 A. Cunqueiro, “El viaje a Mondoñedo”, 100 artigos, Escolma de Dorinda Rivera Pedredo, La Voz de Galicia, 2001, páx. 114.

18 A. Cunqueiro, “En la muerte de un bosque”, El pasajero en Galicia, Selección e prólogo de César Antonio Molina, Tusquets Editores, Barcelona, 1989, páx. 76.

19 A. Cunqueiro, “As San Lucas”, O reino da chuvia, Artigos esquencidos, Serie recompilada por Mabel Mato, Deputación Provincial de Lugo, 1992, páx. 388.

20 A. Cunqueiro, Autopoética e Poesías de Álvaro Cunqueiro, Consello da Cultura Galega, 1991.

21 A. Cunqueiro, “Mondoñedo. Un valle y un pueblo encantados por el silencio”, Faro de Vigo, Número especial del centenario, 1953, páx. 91.

22 A. Cunqueiro, “En la muerte de un bosque”, El pasajero en Galicia, páx. 76.

23 A. Cunqueiro, “El viaje al bosque”, O reino da chuvia, páx. 10.


Antón Meilán García


NOTA: LAS OPINIONES VERTIDAS EN ESTE ESPACIO SON DE EXCLUSIVA RESPONSABILIDAD DE SUS AUTORES Y NO REPRESENTAN NECESARIAMENTE LA OPINIÓN DEL EDITOR.
Para publicar un artículo firmado en esta sección escribir a: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla